Ferramenta de avaliación do impacto do BREXIT nas empresas de Galicia

Diagnóstico BREXIT

  • Ferramenta de avaliación do impacto do BREXIT nas empresas de Galicia

    Esta ferramenta ten como obxectivo dotar ás empresas de Galicia dun instrumento gratuíto, moderno e de calidade que lles permita avaliar de maneira periódica o seu nivel de madurez e exposición en relación aos impactos do Brexit . Do mesmo xeito, a ferramenta está pensada para coñecer a súa situación comparativa respecto a outras organizacións con diferentes niveis de madurez, exposición, recursos e actividade.

    Instrucións

    Para acceder a esta ferramenta é necesario o rexistro previo da súa empresa mediante o enchemento da seguinte información.

    Teña especial coidado co seguinte:

    • Comprobe que os datos facilitados durante o proceso de rexistro son correctos, dado que, tras o seu envío á aplicación, non será posible modificalos.
    • Comprobe especialmente que introduciu correctamente unha dirección válida de correo electrónico, dado que, tras o seu rexistro non será posible modificala.
    • Se non recibe o correo electrónico tras o rexistro, é importante que confirme se a súa organización dispón de sistemas de filtrado anti- spam de correo electrónico, e engada info@brexitgalicia.com aos seus contactos.

    Do mesmo xeito, infórmaselle que o IGAPE  conta con diferentes instrumentos para apoiar ás empresas nesta área. Se desexa obter máis información acerca da ferramenta ou ben precisa resolver algunha dúbida, ou acceder a máis información sobre os programas do IGAPE póñase en contacto a través da seguinte conta de correo electrónico.
    brexitgalicia@igape.es

    Manual_Usuario.pdf

  • Rexistro

    A efectos estatísticos, solicitámoslles os seguintes datos da súa organización, como paso previo ao comezo do cuestionario. Grazas pola súa colaboración.

    Identificación da empresa

    Características

    Datos económicos

    Máis participantes (Máximo 10)

    Acepto as condicións e termos de uso. Infórmaselle que estes datos serán tratados conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD).

    Os seus datos persoais serán tratados polos procesadores de datos que proporcionan os Servizos. Todos os procesadores de datos que tratan os seus datos persoais utilizaranos coa única finalidade de proporcionar os servizos e estarán suxeitos ás obrigacións do RGPD e aqueloutras as leis aplicables.

    Con carácter xeral, os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para atender a solicitude do usuario ou mentres non se solicite a súa supresión e, en ningún caso, serán utilizados para fins distintos sen o seu consentimento. En calquera momento, o usuario poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición dos datos nos termos establecidos pola lei na seguinte dirección: info@brexitgalicia.com

    Tras facer clic en "Enviar", recibirá nuns instantes, un correo electrónico para completar a avaliación cunha ligazón exclusiva. Así mesmo, recibirá instrucións detalladas cando acceda ao cuestionario de autoavaliación.